Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de xuño

11.00 h
No departamento de Deportes, no estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o DÍA DO DEPORTE 2009, actividade que se celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño. Na rolda tamén estarán Luis Penido, piloto de rally, e Domingo Figueira Alvela, presidente da Agrupación Deportiva Galaika

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o proxecto da Escola Infantil de Tras Parlamento.

12.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, asina a renovación do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco co presidente desta entidade, Francisco Rodríguez.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, conferencia de Marilar Aleixandre: Aventura e Desventura, dentro do ciclo Letras Vivas Animación.

21.00 h
No Teatro Principal, Yllana presenta Brokers, dirixida por David Ottone, dentro do programa Teatro e Danza en Xira.

Compartir: