Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de maio

Viaxe dos membros da Mancomunidade de Santiago a Arxentina e Uruguay
13.00 h.
Na Oficina española de Turismo en Bos Aires, o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá un encontro con operadores turísticos e medios especializados.

-----------------------
10.30 h
Na Escola Infantil Municipal de Conxo, Obradoiro de Plástica Creativa co ilustrador Pablo Otero, dentro da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura: "Lendo máis… Cerca", organizada pola Concellaría de Educación.

11.00 e 12.00 h
Maio das letras 2009
No IES Antón Fraguas, "Ramón Piñeiro na voz da xente", xincana literaria e espectáculo contacontos para alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar a convocatoria de bolsas de comedor escolar.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Música para o próximo cursos escolar e o programa de actividades para os meses de maio e xuño.

12.00 h
No departamento de Deportes no estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar III XIRA GALEGA KARTING, actividade que se desenvolverá na nosa cidade do 7 ao 17 de maio. Na rolda tamén estarán Raquel González, directora executiva da empresa RGM Producciones; Antonio Cortés, director de Márketing de GADISA; e Javier Torres, delegado de Zona de BEGANO (Coca-Cola).

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Semana das Constelacións. Representamos a Vía Láctea, dentro das Semanas Temáticas do programa Aula de Xogo.

20.15 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme Dead and buried (Mortos e enterrados – dobrada), de Gary Sherman. Presentada por Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega. Una vez rematada a proxección farase un debate. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellaría de Xuventude.

22.30 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme Invasion of the body snatchers (A invasión dos ultracorpos - V.O.S), de Philip Kaufman. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellaría de Xuventude.

Compartir: