Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de maio

11.00 h
En Montouto, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as novas instalacións do Coleixo Peleteiro.
NOTA: haberá un vehículo para os medios de comunicación que sairá ás 10.40 h da Praza do Obradoiro.

11.00 e 12.00 h
Maio das letras 2009
Na Fundación Granell, "Os Barballocas van de camiño", monicreques salvadores da lingua galega para alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar o proxecto de reurbanización da rúa de Belvís.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a páxina web www.librolibre.org que se emarca dentro das actividades do programa A Revolta das Letras.

13.00 h
Na Fundación Caixagalicia (rúa do Vilar), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición Tarsila Do Amaral.

19.00 h
No Auditorio da Escola Municipal de Música, concerto con motivo das Letras Gaelgas no que os músicos da escola renderán homenaxe a Ramón Piñeiro a través da posta en escea das composicións musicais creadas polo alumnado.

20.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de 1939. Un berro de silencio (2004), Alma Esquecida (2004) e A guerra dos avós (006), dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Letras Vivas Animación.

20.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da rúa de Londres, incluído no Fondo Estatal de Investimento Local.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Theodor Guschlbauer. Coa soprano de Soojin Moon.

Compartir: