Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 6 de febreiro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de cáracter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director xeral de Xuventude, Rubén Cela, para presentar o programa de charlas-obradoiro afectivo-sexual que se celebran durante este ano na Rede de Centros Socioculturais en colaboración co centro Quérote.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h.
Na Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7-9), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á exposición de Pablo Gallego Picard "Unha viaxe por….1929-2009, deriva I", organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

19.30 h.
No CSC das Fontiñas, charla- obradoiro afectivo-sexual baixo o nome de Sen cita previa dirixida a adolescentes. Enmárcase dentro dunha serie de charlas que se organiza na Rede de Centros Socioculturais en colaboración co Centro Quérote da Dirección Xeral da Xuventude.

21.00 h.
No Teatro Principal, estrea da curtametraxe 5 pezas, dirixida por José Manuel Bazarra, Sepi.

21.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de honra á patrona dos odóntologos e estomatólogos, durante o cal se levará cabo o nomeamento dos Membros de Honra do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña.

Compartir: