Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de febreiro

9.45 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, inaugura, xunto coa presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, Regina Polín, o Foro de Intercambio de Experiencias Locais en Educación Ambiental.

10.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o I encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral Mantente en FORMAción, organizado polas concellerías de Educación e Xuventude.

10.30 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, imparte unha charla baixo o nome de Entre o Sar e o Sarela, dentro do Foro de Intercambio de Experiencias Locais en Educación Ambiental.

11.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao alcalde de Zitácuaro (México), Juan Antonio Ixtláhuac Orihuela.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, para presentar a candidatura de Santiago ao programa europeo INTERREG IV C sobre administración electrónica.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración do Consello Galego de Cámaras.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
No Polígono do Tambre (Vía La Cierva s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia.

18.00 h.
No CSC de Conxo, charla afectivo-sexual "Sen cita previa", dirixida a adolescentes, dentro do ciclo de charlas que organizan o centro Quérote e a Rede de Centros Socioculturais.

IV Ciclo de Cinema LGBT
20.15h. Quemar las naves de Francisco Franco-Alba
22.00h. Curtametraxe 1977 de Peque Varela e longametraxe A asombrosa verdade sobre a raíña Raquela de Olaf de Fleur Johannesson.

Compartir: