Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de maio

Irmandamento con Asís
12.00 h.
No Palazzo Municipale de Assisi, os alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o de Assisi, Claudio Ricci, asinan o protocolo de irmandamento entre as dúas cidades. Tras a cerimionia haberá unha homenaxe musical a cargo do Coro Cantori di Assisi e da Asociación do Traxe Galego.

16.00 h.
Na Piazza del Comune, cerimonia de amizade entre Santiago e Assisi, con intercambio protocolario de bandeiras.

21.00 h.
O alcalde compostelán participa na evocación da vida medieval no Parte de Sopra.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actuacións de difusión da literatura de escritores e escritoras galegos no ámbito dos servizos sociais e culturais. É obxecto deste convenio, en concreto, a realización do foro literario Escritores en Compostela.

20.00h.
Cinemas Dixitais
No CSC do Ensanche, proxección do documental Mundo Bazar, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais.

20.30h.
Na sede da Fundacion Down Compostela, o alcalde en funcións, Néstor Rego, asiste á I Gala Solidaria de Onda Cero a Beneficio de Down Compostela. Tamén asiste a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

21.00h.
Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo
No Teatro Principal, último filme do ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo. Proxectarase The Kid (1921) de Charles Chaplin, acompañado de Quinteto e Director.

21.00h.
II Ciclo Revelando Voces
No CSC das Fontiñas, concerto de Loli Nogueira, dentro do II Ciclo Revelando Voces.

Compartir: