Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de maio

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar a campaña "Maio das Letras 2008".

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o V Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela "Curtocircuíto". Na rolda tamén estarán o concelleiro de Cultura, Néstor Rego; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias; Caridad González Cerviño, da comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación da Coruña; Manolo González, da Axencia Audiovisual Galega; Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia; e o director do Festival, Tim Redford.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación da cidade chinesa de Qu Fu, encabezada polo seu rexedor, Liu Sen.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

21.00 h.
Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo
No Teatro Principal, primeiro filme do Ciclo de Cinema Mudo e Música en Directo. Nesta ocasión poderemos ver The Circus, , coa música en directo de Carles Robert ao piano.

Compartir: