Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 22 de abril

10.30 h. (SÓ GRÁFICOS)
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca (Restauración e Hospedaxe), Jesús Sordo e José Antonio Liñares; co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Xesús Chenel; co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e co presidente de Acotés, José Oreiro; para falar sobre a participación de Santiago na Exposición Universal de Shanghai 2010.
Ás 11.15 h. manterán un encontro cos medios de comunicación.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os resultados do programa "Santiago de Compostela, repetirás".

12.00 h.
No hotel Puerta del Camino (Salón Obradoiro II), presentación da Volta Ciclista da Ascensión 2008. O acto estará presidido polo vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña, e presentado polo xornalista da Radio Galega, Terio Carrera. A presentación contará tamén coa presenza das autoridades representates das institucións públicas colaboradoras da proba, así como das entidades patrocinadoras, e dos directores e deportistas dos equipos galegos participantes.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Xunta Directiva da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela.

Compartir: