Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de abril

Premio ARQAno
10.00 h.
No Concello de León, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co alcalde de Léon, Francisco Fernández Álvarez.
12.00 h.
No Salón de Actos do Colexio Oficial de Arquitectos de León, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolle o premio ARQAno, na categoría de fomento da arquitectura, outorgado polos cinco colexios de arquitectos do noroeste de España ao Concello de Santiago "pola súa continua e atenta xestión urbanística, que incorpora a arquitectura como un dos seus piares fundamentais".

10.00 h.
No Teatro Principal, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, asiste á representación da obra de teatro "Pisa la raya", de Pikor Teatro, que pon fin ao programa escolar de prevención de drogodependencias posto en marcha pola UMAD "Non pasa nada, ¿pasa algo?". A esta función asisten alumnos dos seguintes centros: Ies Monte de Conxo, Ies Compostela, CEE de Xordos, CPR Santa Apolonia.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do BNG, Socorro García Conde, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o certame XIII de Teatro Intercentros.

12.00 h.
No Teatro Principal, representación da obra de teatro "Pisa la raya", de Pikor Teatro, que pon fin ao programa escolar de prevención de drogodependencias posto en marcha pola UMAD "Non pasa nada, ¿pasa algo?". A esta función asisten alumnos dos seguintes centros: Ies Xelmirez I, CPR San Pelayo, Ies Antonio Fraguas, CPR Ntra.Sra. de los Remedios. En total, entre as dúas representacións asistirán preto de 500 escolares.

12.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o Certame de Música Xove 08.

20.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia, conferencia "Axudas á innovación no pequeno comercio", impartida polo Subdirector Xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria, Antón Baeza Barrantes, dentro do programa "Marzo, mes do comercio".

21.00 h.
No Teatro Principal concerto de Leo Gianettos Jazz Project, dentro do Ciclo Cultura Vai 4x4 que organizan a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Concellaría de Cultura.

Compostela Máxica
Maxia nos hospitais
11.00 h. Jean Philippe e Cayetano Lledó no Centro da Barcia
12.00 h. Miguelillo e Martín Camiña no Hospital Clínico
12.30 h. Román García no Colexio de Xordos
21.00 h.
GALA INTERNACIONAL DE COMPOSTELA MÁXICA
No Auditorio de Galicia, primeira das dúas galas que pecharán esta II Semana Internacional do Ilusionismo. Actuarán os magos Luis Manuel, Johnny Lonn, Kiko Pastur, Arno, Vic & Fabrini e Rafael, presentados por Luis Boyano.

Compartir: