Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de abril

12.00 h.
No Salón Verde da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para dar a coñecer os gañadores dos certames dos Centros Socioculturais: V Certame de poesía "Aurelio Aguirre" e VII Certame de relato curto "José Saramago".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar os premios Educacompostela. Na rolda tamén estará Xesús Rodríguez, membro de Nova Escola Galega.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co reitor da USC, Senén Barro, e co catedrático de Pediatría Rafael Tojo, para falar do programa Thao-Salud Infantil.

20.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa nova directiva da asociación de veciños O Ensanche de Compostela.

20.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia, conferencia do profesor Pedro González baixo o título "Follas de cálculo: excel e a súa aplicación na pequena empresa", dentro do programa "Marzo, mes do comercio".

21.00 h.
Revelando Voces
No Centro Sociocultural da Trisca terá lugar a actuación de Loli Nogueira.

Compostela Máxica
10.00 h.
Maxia para escolares
No Teatro Principal, o Mago Pablo presenta o seu espectáculo "Maxia e Ilusionismo"
12.30 h.
Maxia para escolares
No Teatro Principal, "Cousas de maxia" con Dani García.
13.00 h.
Maxia na Rúa
Na Praza Roxa, Dr. Marrax
Na Praza das Praterías, Steve Faulkner
Na Praza do Toural, Malo, el Malísimo.
19.00 h.
Maxia na Rúa
Na Praza Roxa, Steve Faulkner
Na Praza das Praterías, Jean Philippe
Na Praza do Toural, Miguelillo
19.30 h.
Maxia nos Centros Socioculturais
No CSC do Castiñeiriño, actuación do mago Martín Camiña.
20.00 h.
Maxia nos Centros Socioculturais
No CSC das Fontiñas, actuará o Mago Romarís.
No CSC de Conxo, actuación de Cayetano Lledó.
20.00 h.
Maxia no Principal
No Teatro Principal, Gala Familiar do Mago Teto co seu espectáculo "Perto de ti"
24.00 h.
Maxia no Dado
No Pub Dado-Dadá, actuarán Martín Camiña, Dr. Marrax e Miguelillo

Compartir: