Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de abril

9.45 h.
No CEPR Vilas Alborada, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, asiste a un encontro con alunos de 2º e 3º de primaria. Esta actividade, que durará ata as 11.00 h, enmarcase dentro da Semana Cultural adicada á enerxia que se está a desenvolver neste centro educativo.

11.30 h.
En Figueiras-Piñor, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguran o novo Punto Limpo.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.10 h. da Praza do Obradoiro.
Indicacións: tomar a estrada de Santa Comba, na gasolineira de Brins xirar á esquerda e no primeiro cruce tras pasar a aldea de Brins xirar á dereita. A 300 metros xirar de novo á esquerda.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h.
Historieta Galega 1973-2008
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, conferencia de Carlos Giménez sobre Unha vida dedicada ao cómic. Enmárcase dentro das actividades da exposición Historieta Galega 1973-2008.

20.30 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á proxección do documental "Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño", de Xosé H. Rivadulla Corcón.

21.00 h.
II Ciclo Revelando Voces
No CSC das Fontiñas, concerto de Snatch, dentro do II Ciclo Revelando Voces.

21.00 h.
Teatro e Danza en Xira 2008
No Auditorio de Galicia, a compañía Arrieritos presenta 13 Rosas, dentro do ciclo Teatro e Danza En Xira 2008.

Compartir: