Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 demarzo

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar o acto que se celebrará con motivo do Día Internacional da Muller.

12.30 h.
No oratorio de San Felipe Neri, sito na igrexa de San Martiño Pinario, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do presidente da Xunta de Confrarías, Isolino Castiñeiras, para presentar o programa da Semana Santa 2008.

18.30 h.
Na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia inaugural dos XXIII Encontros de Educación para a Paz, que, baixo o título "Laicidade e laicismo", impartirá Gregorio Peces Barba, catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade Carlos III de Madrid.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, inauguran a exposición A Historieta Galega 1973-2008. Na inauguración estarán tamén os comisarios da mostra, Fausto Isorna e Gema Sesar, así como Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade, e Javier Blanco, da Fundación Feima, ambas entidades patrocinadoras da exposición.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de Pitovnis.

Compartir: