Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 26 de marzo

11.30 h.
Na Consellaría de Innovación e Industria (San Caetano), o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, a concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, e a presidenta de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), Adela Figueroa, asinan o convenio de colaboración para a execución do programa "Fogares verdes, programa de aforro enerxético e do consumo de auga no fogar". (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Medio Ambiente, Ricardo García-Borregón, para presentar unha moción relativa a esta área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Benito López de Abajo, e ao xefe do servizo de Patoloxía Forense, José Blanco Pampín.

12.05 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, para presentar os novos servizos da Carpeta Cidadá.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar O avaro de Molière, de Teatro Galileo, que se representa xoves e venres no Teatro Principal. Á rolda asiste tamén o director da montaxe, Pedro Rubín.

12.45 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita ao xurado do I Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados.
O xurado, que fará público o seu fallo o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, está formado por personalidades da ilustración a nivel mundial: Fernando Krahn Parada (Artista plástico); Miguel Calatayud Cerdán (Artista plástico); Óscar Villán Seoane (Ilustrador); Marc Taeger (Deseñador); e Xabier P. Docampo (Escritor).
A esta convocatoria presentáronse un total de 335 traballos de diversos países europeos (Alemaña, Suecia, Italia, Francia, Suíza, Portugal, Dinamarca e España) e americanos (Arxentina, Brasil, Ecuador, México, Colombia, Uruguay ou Perú).

21.00 h.
No Teatro Principal, Teatro Guirigai representa En las Puertas de Europa.

Compartir: