Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de marzo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, acompañado polo secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, para presentar dúas guías con motivo da celebración do Día Mundial do Consumidor o 15 de marzo: unha para o colectivo de inmigrantes e outra para as persoas maiores.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, Jaime Gil Aluja.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, acompañada do xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, para presentar os contidos da Semana Santa compostelá 2008, o programa de man, a web específica e os eventos culturais e gastronómicos relacionados.

13.00 h.
Na Zona "C" (San Domingos de Bonaval), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presenta o catálogo das exposicións da Zona "C" no 2007, o seu primeiro ano de existencia. Na presentación estarán tamén os artistas que expuxeron: Mauro Trastoy, Santi Jiménez e Suso Fandiño.

20.00 h.
Na biblioteca do Centro Sociocultural de Vite, reunión da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, coas asociacións veciñais para expoñerlles a convocatoria de subvencións destinadas á prevención de incendios 2008.

20.00 h. a 21.30 h.
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, dentro do programa"Marzo, mes do comercio". O profesor Jesús Pérez Seoane imparte a charla "Pequenos gabinetes de prensa. ¿Como comunico o que fago?". De balde e aberta ao público.

20.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, a Mesa de Calidade Turística de Santiago, presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entrega os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) a 124 empresas e profesionais composteláns do sector.

21.00 h.
No Teatro Principal, representación de Brand, de Cámara Negra Teatro.

Compartir: