Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 9 de febreiro

10.00 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: designación de representantes das mesas electorais por mor das vindeiras eleccións ás Cortes Xerais.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ás novas Xuntas de Goberno do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia, presidida por Fernando Suárez Lorenzo, e do Colexio de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, presidida por Leticia Diz Bengoechea.

14.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no programa "Vivir España", da Fundación Carolina.

Ciclo de cinema e gastronomía. Teatro Principal.
20.15 h.
Deliciosa Martha, de Sandra Nettelbeck
22.15 h.
O cociñeiro, o ladrón, a súa muller e o seu amante, de Peter Greenaway.

Compartir: