Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 8 de febreiro

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Padroado da Fundación do Refuxio.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, para presentar o proxecto do Centro Social e do Centro Cultural de Caixanova en Santiago. Asisten a concelleira de Casco Histórico e Rehabilitación, Socorro García Conde, e o director xeral de Caixanova, José Luis Pego.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e da presidenta de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), María Flora Cajide, para presentar o II Festival Solidario que celebra a asociación. Será o vindeiro xoves no Teatro Principal ás 21.00 h.

13.30 h.
En Vigo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á clausura Asemblea do Eixo Atlántico.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, presentan o Centro Social e o Centro Cultural de Caixanova en Santiago. O acto estará presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Asiste o tenente de alcalde, Néstor Rego.

Ciclo de cinema e gastronomía.
Teatro Principal
20.15 h.
O festín de Babette, de Gabriel Axel
22.15 h.
Mondovino, de Jonathan Nossiter

Compartir: