Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de febreiro

11.00 h.
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Salón Obradoiro), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa do Fórum Gastronómico Santiago’08. Asisten os co-directores do Fórum, Pep Palau e Jaume von Arend.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez, e de Mocidade, Xosé Baqueiro, para presentar a campaña de educación afectivo-sexual "Sexibilízate".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, para presentar o book dos grupos de música dos locais de ensaio para a xuventude.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños das Cancelas.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Relacións Veciñais.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia concerto da Orquesta de Cámara de Noruega, dentro do programa de abono. Terje Tonnesen, director/Leif Ove Andsnes, piano
21.00 h.
No Teatro Principal, II Gala Benéfica en favor de ABAGAL, Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia.

23.00 h.
Na Sala Nasa, Ultranoite Gastronómica

Compartir: