Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de febreiro

11.00 h.
Na Praza de Galicia (no xardín que hai no centro da praza), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, comenza o percorrido de entrega das bandas de escaparatismo aos gañadores da Edición de Nadal do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
11.10 h: Entrega da banda ao terceiro clasificado: Xoiería Xanana. Rúa Doutor Teixeiro, 25.
11.20 h: Entrega da banda ao segundo clasificado: a tenda de decoración Kosas de Kasa. Rúa Doutor Teixeiro, 30.
11.35 h: Entrega da banda ao primeiro clasificado: Seguridade A-1. Rúa República Arxentina, 29.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico A Historia do Soldade . Xosé Carlos Seráns, director / Teodor Smeu Stermin, director de escena.

11.30 h.
No Centro Social e Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, asiste ao curso de condución eficiente organizado pola Concellaría, o INEGA e CEIDA.

12.00 h.
Na sede da Fundación Granell (Pazo de Bendaña) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padronado da Fundación Granell.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar a campaña "Namórate".

17.00 h.
Na Sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (praza da Quintana, 3), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á rolda de prensa que ofrece o COAG con motivo do fallo do xurado do I Premio de Arquitectura ARQano. O Concello de Santiago será galardoado na categoría "ARQano ao fomento da Arquitectura 2007" pola "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".

20.00 h.
No CSC da Trisca, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, inaugura a exposición de pintura ao óleo de Lucía Dubra que leva por nome "O pousar da mirada". A mostra estará exposta no centro ata o vindeiro 29 de febreiro e logo visitará outros centros socioculturais da cidade.

21.00 h.
No Teatro Principal, Evaristo Calvo e Vítor Mosquera, Mofa e Befa, presentan Cociña para Chapantes, unha recopilación dos seus espectáculos Cociña Económica, Cociña Caníbal e Cociña Kakofónica.

Compartir: