Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de decembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Gerardus 't Hooft, premio Nobel de Física en 1999, que se atopa en Santiago convidado polo programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC. Durante a visita, asinará no Libro de Honra da Cidade.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para pesentar o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música e a programación de cursos da Escola para o primeiro trimestre de 2009.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e de José Víctor Carou, director da Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza para presentar a VIII edición do Festival Todo Lírica (anteriormente coñecido por Festival de Zarzuela).

18.00 h.
En Segovia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.00 h.
No Salón Nobre, entrega do Premio Antón Fraguas.

Compartir: