Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de decembro

11.30 h.
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana ao alcalde de Gracias (Honduras), Jesús Eliseo Villanueva, convocado polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento do Ministerio de Asuntos Exteriores (AECID) e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar o espectáculo "Quilombagem. Un canto á resistencia antiga e nova, fronte a escravitude", que terá lugar o sábado 13 ás 19.00 horas no Colexio Peleteiro. Na rolda tamén estará Carmen Bascarán Collantes, coordenadora do proxecto "Quilombagem" e representante do Centro de Defensa da Vida e dos Dereitos Humanos de Açailandia (CDVDH); e Flavia Almedia Moura, coordenadora do Fórum Estatal de Erradicación do Traballo Escravo.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside acto de entrega da insignia de Socio de Mérito da Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais de España ao presidente da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Manuel López García. (O acto terá lugar na rúa Ramón Piñeiro, nº5).

21.00 h.
No Teatro Principal, A mirada de Pier, de Nut Teatro.
21.00 h.
Na Zona "C" de San Domingos de Bonaval, Coa palabra na lingua. Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico de Teatro Nu. .

21.30 h.
Letras Vivas Animación
No CSC do Castiñeiriño, Pavís Pavós: Contacontos, dentro do programa Letras Vivas Animacíón.

21.30 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do Premio Manuel Beiras.

Compartir: