Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de xaneiro

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo. Estará acompañado polo xerente de XADE, Santiago López Cuadrado.

12.30 h.
Na casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presenta SCQ Danza 2008. Na rolda estará tamén Natalia Balseiro, directora do Centro Coreográfico Galego, en representación do IGAEM, que colabora no programa.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío.

Ciclo de Cinema DEREITOS HUMANOS (Teatro Principal)

20.15 h. Apaga y vámonos, de Manel Mayol.
22.15 h. Ararat, de Atom Egoyam

Compartir: