Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de xaneiro

10.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar Melocotón en xarope, obra de Teatro de Cámara Ditea, que estará o sábado no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén Alberte Álvarez, actor e secretario da Asociáción Teatro de Cámara Ditea, e Moncho Valiño e Lara Rozados, actor e actriz na obra.

12.30 h.
No Salón Nobre do Pazo de Mariñán (Bergondo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do título de Fillo Predilecto da Provincia, outorgado pola Deputación Provincial da Coruña, a Santiago Rey Fernández-Latorre.

14.00 h.
Na Casa do Concello, recepción ao Colexio de Avogados de Melilla, cuxos representantes están en Santiago para irmandarse co Colexio de Avogados de Santiago.

19.00 h.
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das medallas de ouro do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, unha das cales reacae na Unidade Municipal de Atención ao Drogodependiente (UMAD) do Concello de Santiago.

19.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, o concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, inaugura a exposición fotográfica "Invisíbeis", de Esther Taboada.
Esta exposición inicia un ciclo de mostras de artistas dos diferentes campos da creación artística da xuventude de Compostela.

21.00 h.
Teatro
No Teatro Principal, función de Teatro do Noroeste coa súa nova obra Extrarradios. Comedia das mulleres desamparadas.

Compartir: