Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de xuño

11.00 h.
Na Praza Aurelio Aguirre (en Conxo, diante da Escola Infantil Municipal), a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presenta a campaña "Aprende a ir suxeito no coche con Pillo, o Armadillo", dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección. O acto contará coa participación do alumnado de Educación Infantil das escolas de Conxo e Fontiñas.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación, que sairá ás 10.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar o Día do Deporte en Compostela.

Compartir: