Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de xuño

10.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Incolsa.

11.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Acto de Entrega das Bandeiras Azuis.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Muller, Paula Prado del Río, para presentar unha moción relativa a esta área.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de representantes das asociacións comerciais, comeza o percorrido de entrega das bandas aos gañadores da edición de primavera do IV Concurso Municipal de Escaparatismo. Os horarios de entrega son:
12.15 h. Entrega ao primeiro clasificado: Medialúa: Rúa Travesa, 5, baixo.
12.30 h. Entrega ao terceiro clasificado: Petronio: Rúa de San Pedro, 30, baixo
13.00 h. Entrega ao segundo clasificado: Andrómenas. Doutor Teixeiro, 30 baixo.

13.00 h.
No Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (rúa Ramón Piñeiro, nº 10, baixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación dos V Encontros Internacionais de Arquitectura.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da confraría da Vera Cruz, Manuel Santos Rodríguez.

20.30 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Compostela Cup do Camiño 2007.

Compartir: