Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de xuño

11.00 h.
Na rúa Poeta Manuel María, s/n (no aparcamento de autobuses de Salgueiriños), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á inauguración do "Espazo Avanza". Estará tamén a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta, Elena Veiguela Muñoz, e o portavoz de red.es, Rafael Chavarri.

20.00 h.
No Auditorio de Galicia, conferencia "Conversas con Ken Loach. Cinema e Compromiso Social"

Previsións informativas para o martes 19 de xuño

11.15 h.
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co reitor da USC, Senén Barro, polo que acordan a celebración dunha nova convocatoria do programa de divulgación científica ConCiencia 2007. Tamén estarán o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva, e o coordinador do programa, Jorge Mira.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do presidente do Grupo Municipal do PSdG-PSOE, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do voceiro do Grupo Municipal do BNG, Néstor Rego, para dar conta da sinatura do Acordo de Goberno 2007-2011.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á concelleira de Deportes de Ávila, Patricia Rodríguez Calleja, e á Peña Ciclista "Amigos de Santiago" desta cidade.

Compartir: