Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de febreiro

Asamblea Xeral do Eixo Atlántico
9.00 h. (hora portuguesa)
Na localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia, o alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a XXIII Asamblea Xeral do Eixo Atlántico.
18.00 h.
No edificio da Presidencia de Vila Nova de Gaia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo para informar aos medios de comunicación das conclusións e temas tratados na XXIII Asamblea da devandita entidade.
18.30 h.
O alcalde compostelán e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega das medallas do Eixo Atlántico a Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, e a Fernando Gomes, administrador de GALP Energia e ex-alcalde de Porto.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Francisco Candela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Muller, Adelaida Negreira, sobre asuntos da súa área.

Compartir: