Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de febreiro

10.00 h.
O colexio Vilas Alborada acolle as actividades do programa de Educación pola Mobilidade. (Adxúntase programa).

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, para presentar as bases das subvencións para actividades das asociacións veciñais de Santiago para o ano 2007.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Patricia Maceira, da Fundación Caixa Galicia, para presentar a programación do ciclo En Xira.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar a exposición "Golfiño en portada", do ilustrador Fausto Isorna, que tamén estará na rolda.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á asociación sociocultural Alfaia.

18.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, asiste á presentación do material e unidades didácticas do programa Non queimes o monte, que elaborou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Consellería de Medio Rural.

19.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á directiva de Acotés.

20.30 h.
Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, inauguración da exposición Luís Seoane, da Costa de Circe á Costa da Morte.

Compartir: