Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de decembro

10.00 h.
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, inaugura a Xornada Final de Transferencia e Boas Prácticas do Proxecto Equal Compostela Social. Na inauguración participarán tamén os alcaldes de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra, así como o Director Xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ánsias.

10.30 h.
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da Xunta Directiva da Asociación Sar-Ulla.

11.30 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo e presidente da Agrupación de Desenvolvemento do Compostela Social, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do resto de membros do Comité de Dirección da Agrupación, para facer balance dos resultados do Proxecto Equal Compostela Social.

11.30 h.
No Recinto Feiral de Amio, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a Pista de Xeo de Nadal 2007. Tamén estarán: o xerente do Multiusos, Santiago López Cuadrado; o director da Oficina de Relacións con Organismos de Caixa Galicia, Ángel Raposo; o director de Márketing de Gadisa, Antonio Cortés; e o responsable da pista de xeo, Manuel Taboada.

12.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios do concurso de carteis de Nadal 2007.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e do Mago Antón para presentar Nadal Máxico. 2º Circuito Galego da Maxia, que se celebra o venres no Teatro Principal.

14.00 h.
No Museo Santiago Rey Fernández Latorre (Polígono Industrial de Sabón, Arteixo), o alcalde comostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio Fernández Latorre.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

18.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Cottolengo, xunto coa concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

19.30 h.
No Teatro Principal, a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, asiste ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música. Entrada libre e de balde.

20.00 h.
En Patio de Madres, nº 15 baixo, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración do novo local da Asociación Cultural O Galo.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, inaugura a exposición V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas. No transcurso do acto farase público o fallo do xurado e entregaránselle os premios aos gañadores desta edición.

20.30 h.
No Salón Nobre, recepción cidadá de Nadal.

Compartir: