Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 18 de decembro

11.30 h.
Na explanada de Salgueiriños, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, sobre o parque de Bombeiros.

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do vicepresidente da devandita entidade e concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o Campionato Galego de Ciclocross, que terá lugar en Santiago o vindeiro 30 de decembro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar as campañas "Para vivir un Nadal en Galego" e "Carta aos Reis Magos", destinadas aos sectores socioeconómico e educativo.

12.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do presidente da Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza, José Víctor Carou; e de Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia; para presentar o VII Festival de Zarzuela.

Compartir: