Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de decembro

10.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da autovía AG-56 Santiago-Brión.

10.00 h.
Os concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Paula Prado reúnense cos representantes sindicais do parque de Bombeiros (o encontro será no parque de Bombeiros).

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, preside a celebración da Asamblea Xeral de ASEMGA, Asociación Española de Mercados de Gando.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción de Nadal ás empresas de servizos municipais.

20.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos integrantes da Asociación do Traxe Galego.

20.30 h.
No Teatro Principal, celebración do festival "Nadal de Danza", no que participarán os grupos de danza do CEIP López Ferreiro, CEIP Pío XII, IES Arcebispo Xelmírez e San Xosé de Cluny. Programa: A raíña das Neves; O barbeiro de Sevilla; Vals Bela Durminte; No fermoso Danubio Azul; Cats; Abanos; Bonecas; Freedom; Ajuda; e Cincenta.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Solidario cos tres do Eixo ¡Indulto xa!. Actuarán Espido, Talabarte Trío e Marful. Colabora a Concellaría de Cultura.

20.30 h.
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala do Deporte Compostelán. Asiste o tenente de alcalde, Néstor Rego, e o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.

Compartir: