Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de decembro

10.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as III Xornadas de Aeroportos Rexionais. Asisten: o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves; o presidente da Deputación de Girona, Enric Vilert; o vicepresidente da Deputación da Coruña; Pablo Villamar; e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; Leonor Díaz, presidenta da asociación de comerciantes de San Pedro e de Xesus Ron, da compañía Chévere, para presentar a Noite Branca de San Pedro, que se celebra o vindeiro 15 de decembro.

12.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o programa do Festival de Músicas Contemplativas 2008.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; de Fran Rei, de Cooperactiva Cultural, e de Txeli Vicente, tesoureira de Pallasos en Rebeldía, para presentar a Caravana Solidaria do Festiclown, que partirá cara a Chiapas cos cartos recaudados coas entradas do Festiclown.

13.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre. Vía La Cierva s/n).

19.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á gala de celebración do 110 Aniversario da creación de Cruz Vermella Española en Santiago de Compostela. Tamén asiste o tenente de alcalde, Néstor Rego, e a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

20.00 h.
No Casino de Santiago, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á presentación do álbum de Norberto Fernández, O Castelo Regadeira. Ao remate da presentación o autor asinará exemplares do álbum.

20.30 h.
Na Casa da Parra, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego asiste á inauguración da exposición fotográfica de Xurxo Lobato, Rostros da Memoria.

Compartir: