Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 10 de decembro

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (estadio de San Lázaro, Porta 16), ROLDA DE PRENSA do vicepresidente da Fundación e concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a incorporación da modalidade de atletismo á Compostela Cup do Camiño 2008. Na rolda tamén estarán o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz, e o delegado de Atletismo de Santiago, Iván Sanmartín Carreira.

12.30 h.
Na praza da Quintana, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, le un manifesto con motivo da celebración do Día dos Dereitos Humanos, no marco da exposición itinerante sobre cooperación galega organizada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. A continuación, breve percorrido pola mostra.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, Carlos Delgado.

Compartir: