Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 30 de outubro

11.00 h.
No Pazo de Bendaña, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión da Comisión Executiva do Padroado da Fundación Eugenio Granell.

12.30 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente da devandita entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, para dar a coñecer o fallo do "Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana".

14.00 h.
No hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que ofrece o presidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), Gerardo Díaz Ferrán, acto organizado pola Fundación Iniciativas 21.

18.00 h.
Na Alameda de Santiago (Paseo dos Leóns e Paseo da Ferradura), o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, inaugura a peza Melodie Fisterra, de Hans Schabus. Na inauguración da peza, coa que se pecha a exposición A Cidade Interpretada, estará tamén o comisario da mesma Pablo Fanego.

20.00 h.
No Museo do Pobo Galego, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Barrio de San Pedro. Porta do Camiño. Estarán tamén a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente do Padroado do Museo, Isaac Díaz Pardo.

20.00 h.
No obradoiro da imprenta Litonor (Vía Ptolomeo, 4, Polígono do Tambre), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Golfiño en portada", de Fausto Isorna.

Compartir: