Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de outubro

10.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Promotores de Santiago.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e de Fernando Rodríguez de la Torre, da asociación Cultural de Radioafecionados "Pórtico da Gloria", para presentar o VI Congreso Nacional de Radioafecionados "Camiño do 2010", que se celebra en Compostela sábado e domingo.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e de José Prieto, autor e director de Mensaxe nunha botella de plástico, de Teatro Buratini, función de teatro didáctico que se celebrará no Teatro Principal os días 29, 30 e 31 deste mes. Na rolda estarán tamén Carlos Mosquera e Larraitz Urruxola, actores, e Pablo Suárez, autor da unidade didáctica.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Cultura e tenente de alcalde de Compostela, Néstor Rego, presenta, xunto con Rubén Cela, director xeral de Xuventude, e Ignacio R. Eguíbar, xerente do Xacobeo, a xornada "A interculturalidade, o novo itinerario cultural da mocidade" e reciben aos mozos e mozas que participarán nela. Esta xornada enmárcase dentro dos actos conmemorativos do 20 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre-AEPIT (Vía Edison, 1), o alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da AEPIT, Jesús Chenel Noya.

13.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre. Vía La Cierva s/n).

Compartir: