Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de outubro

11.00 h.
No Colexio Maior Fonseca (Campus Sur), o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asiste á presentación do libro "Tiempos paralímpicos". Tamén estarán na rolda: Carme Garcia, autora del libro e representante do Comité Paralímpico Español; Dositeo Terrón, representante da Fundación Cultural Banesto; e os deportistas composteláns con discapacidade José Barrio, Iria González-Dopeso y Jónatan Barral.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para valorar as partidas destinadas a Santiago nos Orzamentos do Estado.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Toma de posesión de membro da corporación.
3. Irmandamento entre o Concello de Santiago de Compostela e a Comuna de Assisi.
4. Aprobación inicial das modificacións orzamentarias:
Concello: 2007-SUPLE-13
Auditorio: 2007-CREXT-01
2007-SUPLE-01
5. Aprobación inicial das ordenanzas de ingresos públicos para o ano 2008.
6. Acordo relativo á orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes de data 3 de outubro de 2007 sobre aprobación definitiva do PXOM.
7. Comparecencia da concelleira delegada do Casco Histórico.
8. Dar conta da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso administrativo 0004017/2003, interposto por OUTEIRO DE SAR, S.L.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
10. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
11. Rogos e preguntas.

Compartir: