Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 20 de outubro

12.30 h.
Na Porta do Camiño, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á apertura oficial do proxecto Rúas de Compostela. Itinerarios de Europa. Este acto é o primeiro dos varios que terán lugar nos vindeiros días en Compostela para conmemorar os vinte anos do nomeamento do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Ao acto, que se pechará cun paseo polas rúas da Cidade Histórica, asistirán tamén o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o xerente do Xacobeo, Ignacio Eguíbar, e o director do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, Michel-Thomas Penette.

22.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala de entrega de premios da IV edición do Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuíto".

Compartir: