Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 18 de decembro

9.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de TUSSA, coa seguinte orde do día:
1. Proposta de orzamentos da Sociedade para o ano 2007.
2. Rogos e preguntas.
3. Lectura e aprobación, se procede, da acta desta reunión.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, sobre o Consello de Administración de TUSSA, celebrado anteriormente.

11.30 h.
Con motivo da celebración do Día Internacional das Migracións, os nenos e nenas de 13 colexios composteláns realizarán unha marcha por varias rúas da cidade, encabezada por rapaces de varias nacionalidades. A continuación (12.30 h.), na Praza das Praterías, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, presentará en ROLDA DE PRENSA a campaña da concellaría para este Nadal.
Percorrido da marcha: Praza da Quintana, rúa Nova, Toural, rúa do Vilar, Praterías.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta un novo chasis de autobús, que nos vindeiros meses se convertirá nun dos novos vehículos a incorporar á flota de transporte urbano da cidade. Durante o acto realizarase unha recreación do resultado final do carrozado do vehículo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias para presentar as actividades de Nadal da campaña "Comercio compostelán para mercar e xogar".

13.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

17.30 h.
Pista de xeo
Na explanada de Salgueiriños, os concelleiros de Deportes, Manuel Portas; Cultura, Néstor Rego; e Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inauguran a pista de xeo que estará aberta todo o Nadal ata o día 7 de xaneiro

18.30 h.
Nadal de Danza
No Teatro Principal, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, asiste ao Festival Nadal de Danza, no que participarán os grupos de danza dos colexios San Xosé de Cluny, CEIP López Ferreiro, CEIP Fontiñas e o IES Xelmírez, con coreografías ambientadas e inspiradas no Nadal. A entrada é de balde ata cubrir aforo.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Veciños do Castiñeiriño.

Compartir: