Previsións informativas para o mércores 12 de decembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a programación de Nadal.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do director da Banda Municipal de Música de Santiago, Casiano Mouriño, para presentar o disco conmemorativo do 170 aniversario da Banda.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar a actividade "Círculo Literario". Na rolda estará o escritor e encargado de desenvolver a acción, Suso de Toro.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios SERenidade.