Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).
Previsións informativas para o venres 12 de xaneiro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o concerto co que a Banda Municipal de Música inicia a celebración do seu 170 aniversario. Na rolda tamén participarán o director da BMSC, Casiano Mouriño, e o director invitado no concerto, José Rafael Pascual-Vilaplana.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.
19.30 h
No Barco de Valdeorras, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala de Atletismo de Galicia.
19.30 h
Na Zona "C", inauguración de "Global Complexity", intervención de Amine Asselman. Asisten o propio Asselman e o tenente de alcalde, Jorge Duarte.