Previsións informativas para o luns 11 de marzo
10.00/11.30 h
No Teatro Principal, programa didáctico cos títeres da compañía Babaluba presentando 'Lume', no que dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais.
11.00 h
No salón verde, a concelleira de Turismo, Reyes leis, reúnese cos concelleiros de Turismo dos concellos da área metropolitana de Santiago. Enviarase nota e foto.
11.00 h
En San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visita o estadio de San Lázaro con motivo do inicio das obras no ximnasio.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, para presentar os actos de celebración do Día Mundial da Árbore.