Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 28 de marzo

11.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Transportes, Isaías Táboas, visitan as obras do novo edificio terminal do Aeroporto de Santiago. Ao acto asistirá tamén o presidente de Aena, Juan Lema, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro.
Cita para os medios de comunicación:
Lugar: Frente á sala de Chegadas B. Zona exterior do actual edificio terminal.
Hora: o autobús sairá para a obra ás 11.00 horas e regresará ao aeropuerto ás 12:30 horas. Prégase puntualidade, xa que o desprazamento á obra só se pode realizar neste autobús.

12.00 h
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visita o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís.
Nota: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da Praza do Obradoiro.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: