Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 26 de marzo

10.00 h
No CSC Jose Saramago de Vite, saída da ruta de sendeirismo polo Sarela, dentro do programa de Visitas Culturais.

11.30 h
Na rúa Fontes do Sar, inauguración do Polideportivo de Fontiñas.
Programa:
11.15 h. Partido de baloncesto, A. D. Fontiñas.
12.00 h. Intervención das autoridades:
Secretario Xeral para o Deporte; José Ramón Lete.
Conselleiro de Educación e O. Universitaria, Jesús Vázquez.
Alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
12.15 h. Actuación do Clube de Patinaxe Fontiñas

13.15 h
En Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visita a segunda fase da actuación realizada en Monte de Deus.
Punto de encontro: no miradoiro.

19.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visita a rúa Arzúa.
Punto de encontro: cruce de Tras Santa Clara con Escultor Asorey.

20.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, concerto solidario cos damnificados polo terremoto de Xapón no que participarán a pianista Haruna Takebe, a violinista Kiyoko Ohasi e membros da Real Filharmonía de Galicia.
As entradas atópanse á venda na sede de Cruz Vermella en Santiago e na tenda Galimusic, tamén poderán adquirirse no propio Hostal nas horas previas ao concerto. O seu prezo é de 15 €, que se destinarán integramente a través de Cruz Vermella Española a axudar ás persoas damnificadas polo terremoto.

21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Ana Moura, Léva-me aos fados, dentro do ciclo de Sons da Diversidade.

Compartir: