Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de marzo

10.30 h
No CSC Jose Saramago de Vite, punto de saída da visita ao Museo pedagóxico de Galicia e o CGAC, dentro do programa Visitas Culturais.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns baixo o programa 'Hoxe toca vento metal'.

11.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visita a Escola Infantil Municipal de Salgueiriños.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.50 h da Praza do Obradoiro.

11.30 h
Na OCIHR (praza de Cervantes), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar o resultado das obras do Premio Cidades Patrimonio da Humanidade. No transcurso do acto descubrirase unha placa conmemorativa do galardón.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á plantación de árbores que o alumnado do CEIP Ramón Cabanillas realizará no recinto do novo centro.

20.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, visita as obras de reurbanización de San Clemente. Procederase á apertura das rúas.
Punto de encontro: Na fonte.

20.00 h
No Local Sociocultural de Amio, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns baixo o programa 'Hoxe toca vento metal'.

21.00 h
No Teatro Principal, Concerto do Coro e a Banda da Asociación Cultural Musical Solfa.

Compartir: