Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 21 de marzo

11.30 h
No parque das Cancelas, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, participa, xunto cos alumnos do CEIP Monte dos Postes, na plantación de 200 árbores con motivo da celebración do Día da Auga e do Día da Árbore.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da Praza do Obradoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a memoria de actividades do Programa local de Inclusión Sociolaboral.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de alumnos do Conservatorio Profesional de Música.

Compartir: