Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 19 de marzo

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSCXM do Ensanche.

18.00 h
No Teatro Principal, concerto do grupo Mamá Cabra co seu espectáculo "Ola, ola, lá!" para os nenos e nenas de Compostela. As familias poden retirar as entradas (ata cubrir aforo) unha hora antes do concerto na billetería do Teatro Principal. Estes concertos forman parte do programa de Dinamización Lingüística "Bocaberta" posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración da Concellería de Educación de Santiago de Compostela.

18.00 h
No CSCXM do Ensanche, proxección de A casa de Lola de Andrés (2007) dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais.

Compartir: