Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 5 de xaneiro

CABALGATA DE REIS
17.45 h
Chegada dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polas autoridades e a Banda Municipal.
Itinerario: Estación do Ferrocarril, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia, Rúa da Senra, Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Xelmírez, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro (Casa do Concello).

19.00 h
Chegada á praza do Obradoiro e recepción do Alcalde e Corporación Municipal. O Rei Melchor dirixirase aos nenos e nenas presentes desde os balcóns do Pazo de Raxoi.

Espectáculo de luz, son e fogos de artificio.

Os Reis Magos atenderán as peticións de todos os nenos e nenas no Pazo de Raxoi.

21.00h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel, con Benjamin Bernheim, tenor.

Compartir: