Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de maio

Santiago Une
Xornada "Camiño de Santiago: Meta de Europa"
13.30 h
Encontro dos participantes no Monte do Gozo. Asiste o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
Comida campestre.
15.15 h
Saída da Capela de San Marcos ata ao Parque de San Lázaro.
16.00 h
Descubrimento de placa de recordo da peregrinación das cidades irmandandas con Santiago
A continuación, camiñata ata a Catedral polo Camiño de Santiago.
18.00 h
Misa do Peregrino na Catedral. Ofrenda ao Apóstolo e Innvocación.
20.00 h
Introdución á cidade de Regensburg, Oficina de Turismo de Regensburg.
Película "Una sola palabra", de Alber Ponte (coprodución galego-bávara).
Sede: Centro Social Caixanova.
----------------

10.00 h.
No Salón nobre da Casa do Concello, recepción aos membros de IusTime, agrupación de interese económico, sen ánimo de lucro, de asesorías de empresas europeas que celebran en Santiago de Compostela, con motivo do Xacobeo, a súa asemblea xeral ordinaria de socios.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Plataforma Sanitaria, Francisco Reyes.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC de Conxo, Obradoiros de Animación á lectura e animación de Bibliotecas Argallando, dentro do programa Letras Vivas Animación.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Campionato anual de xogos de sempre: Variantes do pilla, dentro do programa da Aulka de Xogo.

19.00 h
No CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, Recital Poético de Pilocha e María Barcala: Cronistas do seu tempo, dentro do programa Letras Vivas Animación.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos organizadores das IV Xornadas Farmacia-Empresa Santiago de Compostela.

Compostela Máxica
11.00h. No Colexio da Barcia, Maxia Solidaria con Pablo C. e Kayto.
12.00h. No Hospital Clínico, Maxia Solidaria con Alan e Pedro García.
13.00h. No Colexio de Xordos, Maxia Solidaria co Mago Rafa e Adry.
19.00h. No CSC das Fontiñas, Maxia nos Centrods Socioculturais con Eloy Mateos.
20.30h. No Auditorio de Galicia, Gala Internacional con Huang Zheng, Juan Mayoral, Mikael Szazyiel, Marc Antoine, Le Mime Daniel e SOS & Victoria, presentada por Roberto Vilar.

Compartir: