Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 5 de maio

10.00 h
No CGAC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do II Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais).

11.30 h
Na Fundacion Caixa Galicia (Rúa do Vilar, número 19), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo presenta a nova páxina web da Concellaría: www.maiscompostela.org.

12.00 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sinatura do protocolo xeral de colaboración para a coordinación de actuacións no Camiño de Santiago entre as comunidades autónomas de Aragón, Castilla y León, Navarra, La Rioja e Galicia.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar o CENTRO MUNICIPAL DE MEDIACIÓN CIDADÁ (CEMMCI), primeiro centro de mediación de Galicia. Na rolda tamén estará a presidenta de Agamix (Asociación Galega de Mediación e Igualdade de Xénero) e profesora de Dereito Procesual da USC, Raquel Castillejo.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, para presentar as Xornadas Santiago-Une en Compostela "Camiño de Santiago: Meta de Europa".

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Primeiros Xogos para nenos e nenas menores de 5 anos, dentro da programación da Aula de Xogo.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os membros de Special Olympics Galicia.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, Contacontos para adultos con Celso Sanmartín, dentro do programa Santiago Encantado.

20.00 h
No Salón Nobre do Concello de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presentan o libro "Santiago de Compostela, a cidade dos xornalistas", que edita a Asociación da Prensa da Coruña, co patrocinio da Deputación Provincial.

COMPOSTELA MÁXICA
10.00h. No Teatro Principal, Maxia escolar con Alan, Mago Rafa, Mago Pablo, Mago Richard e Consuelo Lorgia.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia escolar con Alan, Mago Rafa, Mago Pablo, Mago Richard e Consuelo Lorgia.
13.00h. Na Praza Roxa, Maxia na Rúa con Morrison.
13.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na Rúa con Willy Monroe.
18.00h. No CSC do Castiñeiriño, Maxia nos Centros Socioculturais co Mago Richard.
18.00h. No CSCX do Ensanche, Maxia nos Centros Socioculturais co Mago Pablo.
19.00h. Na Praza Roxa, Maxia na Rúa con Kayto.
19.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na Rúa con Morrison
20.30h. No Teatro Principal, Gala de Novos Talentos Memorial Carlos Asorey con Alan Golias, Pedro García, Mago Dani, Mago Adry, Eloy Mateos e Martín Varela, presentado polo mago Teto.
23.00h. No Pub Garoa, Noite Máxica con Willy Monroe.
23.30h. No Pub Dado-Dadá, Noite Máxica cunha actuación sorpresa.

Compartir: