Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de abril

10.00 h a 19.00 h
Xornada de Portas Abertas, con motivo do Aniversario das Corporacións Democráticas.

10.30 h
No CSC das Fontiñas, Os Almorzos das Fontiñas, lectura común da prensa diaria e debate da actualidade aberto a público de todas as idades.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a V Xornada Emprende en Compostela, acompañado de responsables das entidades colaboradoras. Na rolda tamén estarán Enrique Vila, técnico de Avaliación e Diagnóstico do C.E.E.I. Galicia S.A.; Xoan Manuel Cabo, deputado da Deputación da Coruña; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Jesús Asorey; o xerente de UNINOVA-USC, Gustavo Marcos; o presidente da AEPIT, Jesús Chenel; o presidente de AJE Marineda, Daniel Ramos; a presidenta de Em-Rede, Eva López, así como representantes do IGAPE, Afigal e La Caixa, que colaboran, xunto a Caixa Galicia, na organización da xornada.

12,00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o VIII DUATLÓN CIDADE DE SANTIAGO, actividade organizada polo Club Triatlón Arcade Inforhouse Santiago que se desenvolverá na nosa cidade o vindeiro sábado 24 de abril. O concelleiro estará acompañado por Jesús Barcala Fernández, presidente da entidade organizadora

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza.

16.30h.
No CSC das Fontiñas, saída da visita a Meteogalicia.

17.30h.
No CSC das Fontiñas, comeza a elaboración dun mural artístico na fachada do centro coa temática "Conto e fantasía. Compostela, unha cidade de conto". Será todas as tardes ata o sábado 24 de 17.30 a 19.30 e poderá participar xente de todas as idades.

19.00 h
No LSC da Pontepedriña, A contacontos Mariosa Irimia presenta Historias do Planeta Jijo, dentro do programa Santiago Encantado.

20.30 h
No local social da Asociación de Veciños Sandra Prego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa xunta directiva da devandita entidade e da asociación de Avoas de Pontepedriña.

20.30 h
No Teatro Principal, Canto de Permanencia. Homenaxe a Uxío Novoneyra. Música, audiovisuais e poesía. Actuación de Uxía Senlle sobre poemas de Novoneyra. Organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Compartir: