Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 13 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Rosa Fernández, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Javier Sánchez-Agustino sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar a exposición Santiago, cidade ilustrada. Na rolda tamén participará Gemma Sesar, de El Patito Editorial. A continuación, presentación do programa de actividades da X Campaña de Animación á Lectura.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de economía, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

Santiago Une. Córdoba
9.45 h
Na sede Cámara de Comercio de Córdoba, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidente da Cámara, María Dolores Jiménez Aguilar.
13.30 h
Visita ao Parque Joyero, o maior recinto de empresas do sector xoieiro de España e Europa.

Compartir: